O xerente do Clúster coordina o Foro Produto Gráfico: Retos para o século XXI dentro do Foro Creativa

Share/Save
O próximo venres 18 de decembro terá lugar o Foro Produto Gráfico: Retos para o século XXI, organizado dentro do Foro Creativa: Industria Cultural Galicia-Norte de Portugal...

O próximo venres 18 de decembro terá lugar o Foro Produto Gráfico: Retos para o século XXI, organizado dentro do Foro Creativa: Industria Cultural Galicia-Norte de Portugal, no que participará Juan Penas, xerente do Clúster do produto gráfico e do libro galego.

10.00 h Inauguración.

10.15 h Mesa de debate: As editoriais fronte aos retos das novas tecnoloxías.
Manuel Casal, xerente de Grial Libros.
Juan A. Penas Lamas, xerente do Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego.

10.45 h Mesa de debate: As empresas de comunicación como ferramenta de posicionamento das empresas da eurorrexión.
Jaime Conde, director xeral de Quattro IDCP Publicidad.
Paulo Ribeiro Cardoso, consultor de comunicación. Ex director de Sinopublicidad e Atransformadora.

11.15 h Mesa de debate: A relevancia do factor do deseño nas empresas de impresión.
Carlos Docampo, xerente de Gráficas Anduriña.
Nuno Miguel Carvalho Araújo, socio–xerente de Gil Vicente Artes Gráficas, Barcelos (Portugal).

11.45 h Debate
Moderador: Juan A. Penas Lamas.

12.15 h Conclusións.

12.20 h Café.

O Foro Creativa está organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e a Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués organizan conxuntamente este FORO DAS INDUSTRIAS CULTURAIS, un encontro multilateral e interdisciplinar entre empresas, creadores e artistas de distintos ámbitos do sector da cultura e das dúas procedencias xeográficas.

Co financiamento a cargo dos fondos FEDER da UE, pertencente ao Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal, o proxecto avanzará nos vindeiros meses na súa efectividade integradora e de creación de sinerxías de traballo común mediante a publicación dixital dunha guía de recursos culturais e dunha axenda de actos culturais, así como a través dunha longa serie de accións concretas nas poboacións asentadas a ambas beiras do Miño até finais de 2010.

Descargar programa

Confirmación asistencia: comunicacion@clustergrafico.com

Comentarios

Envía o teu comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta cuestión é para evitar o envío automático de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que ve na imaxe sen espazos, respectando maiúsculas e minúsculas.