Subvencións para a produción e publicación de contidos dixitais

Share/Save
Data: 
14/06/2010 11:31

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica convoca na resolución do 14 de xuño de 2010, publicada no DOG nº 115 do 18 de xuño, as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e publicación de contidos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto potenciar nas empresas a produción e publicación de contidos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

A contía das axudas ascende até o 50% para medianas empresas, até o 60% para pequenas e até o 75% para microempresas cun custo mínimo de proxecto de 30.000 €.

O prazo para presentar as axudas acaba o 19 de xullo de 2010. A aplicación web pecha o día anterior ás 14.00 h.

A continuación poderá descargar unha ficha resumo da subvención proporcionada polo Parque Tecnológico de Galicia, S.A.

Comentarios

Envía o teu comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta cuestión é para evitar o envío automático de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que ve na imaxe sen espazos, respectando maiúsculas e minúsculas.