![]() |
Seguindo coa estratexia de apoio á internacionalización das nosas empresas, o Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego e o Cluster do Produto Gráfico e Comunicación de Madrid, desenvolveron, de forma conxunta, unha Plataforma de Comercialización Internacional na rede, denominada Market Place. O próximo mes de xullo será o seu lanzamento oficial e gustaríanos contar con información actualizada de todas as nosas empresas como punto de partida da estratexia de apoio á presenza das empresas españolas do sector gráfico e da comunicación nos mercados europeos a través da rede. Todas aquelas empresas interesadas en recibir unha visita para trasladarnos a información da súa empresa para subir á plataforma poden porse en contacto con Natalia da asociación INEO a través do correo electrónico comunicacion@ineo.org ou no teléfono 986 112 570 (en horario de 8.00 a 15.00). En caso de non recibir resposta e para garantir a participación de todas as empresas, utilizaremos os datos públicos dispoñibles en cada unha das vosas webs. Como sempre para calquera cuestión, dúbida ou máis información, quedamos á vosa disposición. |
Comentarios
Envía o teu comentario