Axudas para a I+D nas pemes

Share/Save
Data: 
12/07/2010 19:58
As axudas ten por obxecto promover o desenvolvemento de proxectos realizados por Pemes e grandes empresas nas distintas liñas de investigación subliñadas nas tecnoloxías sectoriais como instrumentos dos programas sectoriais PEME I+D e I+D Suma.

A Consellería de Economía e Industria convoca subvencións aos programas sectoriais de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Poderán solicitar as axudas as empresas e agrupacións empresariais sectoriais de carácter privado que realicen proxectos e actuacións de investigación e desenvolvemento para o seu sector.

Estas subvencións concédense para a realización de proxectos que se inicien no ano da convocatoria e que rematen como máximo no ano 2013.

Para que a solicitude poida ser considerada, será necesario que o importe do custo total solicitado do proxecto sexa como mínimo de 50.000 € no caso das Pemes e 90.000 € no caso de grandes empresas. O proxecto de investigación debe pertencer a unha ou varias das seguintes categorías de investigación.

Serán subvencionables os gastos de persoal técnico da empresa, persoal adicional técnico-científico, material inventariable, servizos tecnolóxicos externos, material funxible, viaxes, ou subcontratacións con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos ou outras empresas.

O prazo de solicitude remate o próximo 7 de agosto de 2010, a aplicación remata ás 00:00 do 6 de agosto de 2010.

Comentarios

Envía o teu comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta cuestión é para evitar o envío automático de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que ve na imaxe sen espazos, respectando maiúsculas e minúsculas.