A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela en colaboración coa Cámara de Comercio de Galicia e coa cofinanciación da Dirección Xeral de Comercio a través da Consellería de Economía e Industria, pon en marcha a organización dunha acción sectorial de carácter especial para a participación das empresas do Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego no Encontro de Innovación Tecnolóxica, Meet Innov, en París.
Meet Innov, é o maior encontro dos negocios celebrado en París, dedicado aos sectores innovadores. Meet Innov consolídase un ano máis como un encontro perfecto para planificar e manter reunións de negocio coas empresas inscritas no evento, o cal se xestiona a través da páxina web do evento.
Na súa edición 2010, o encontro terá lugar o 14 de outubro de 2010. Os resultados do 2009, reflectiron a participación de máis de 300 persoas, tiveron lugar máis de 600 encontros de negocios e déronse cita 40 empresas estranxeiras.
Participación das empresas do Cluster na edición 2009
Meet Innov contou en 2009 coa participación de varias empresas do Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego en conxunto con empresas do Cluster Produto Gráfico e Comunicación - Madrid Network. Dita participación tivo como froito a interrelación e intercambio de experiencias no mercado francés e a aproximación a este mercado das empresas do Cluster.
As empresas que queiran participar este ano en Meet Innov, deberán abonar unha cota de inscrición de 300 €. Dita cota incluirá:
O prazo de inscrición terminará o próximo día 2 de agosto. As prazas estarán limitadas en número.
Para calquera información, pódese contactar coa Cámara de Comercio de Santiago a través do Departamento de Comercio Exterior con Loly Villoch ou Fernando Pérez-Soba.
Máis información: /www.meetinnov.com
Comentarios
Envía o teu comentario