A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela en colaboración coa Cámara de Comercio de Galicia e coa cofinanciación da Dirección Xeral de Comercio a través da Consellería de Economía e Industria, pon en marcha a organización dunha acción sectorial de carácter especial para a participación na Feira do Libro de Frankfurt.
A Feira do Libro de Frankfurt terá lugar os días do 6 ao 10 de outubro de 2010. Este ano a feira contará como país convidado a Arxentina.
As empresas que queiran participar na acción sectorial de visita á Feira do Libro de Frankfurt, deberán abonar unha cota de inscrición de 510 €. Dita cota incluirá:
O prazo de inscrición terminará o próximo día 9 de agosto. As prazas estarán limitadas en número.
Para calquera información, pódese contactar coa Cámara de Comercio de Santiago a través do Departamento de Comercio Exterior con Loly Villoch ou Fernando Pérez-Soba.
Máis información: www.frankfurt-book-fair.com
Comentarios
Envía o teu comentario