No novo ámbito competitivo, a creación e xestión das Comunidades Virtuais entorno a unha marca en Internet converteuse nunha disciplina vital. A web 2.0 supuxo unha revolución estrutural e un cambio no noso modo de relacionarnos, consumir e entender o traballo. As Comunidades Virtuais atesouran millóns de usuarios que poden socavar seriamente a reputación das empresas. Por esta razón, os profesionais con experiencia e coñecemento no manexo axeitado dos medios sociais van xogar un factor clave na creación de valor e na futura proxección das empresas e son, por iso, perfís cada vez máis demandados.
Neste curso mostrarase o novo ámbito social e os consumidores-usuarios que se moven por el. Analizaranse as ferramentas de traballo e estratexias máis utilizadas polo Community Manager dentro das organizacións; a importancia e xestión de blogs corporativos; as tecnoloxías, estratexias e métricas a utilizar para xestionar unha comunidade en Internet; e os casos de éxito dentro do Social Media Marketing.
Datas e lugar de celebración:
Fonte: Agafpu
Contacto: agafpu@gmail.com
Comentarios
Envía o teu comentario