
Os galegos compran libros, e os que os que o fan -un 41,5 %-, compran moitos libros. Así o reflicten os datos do barómetro de hábitos de lectura e compra de libros da Federación de gremios de editores de España, que sitúan a Galicia á cabeza do ranking de comunidades autónomas nas que máis libros non de texto vendéronse no 2011, ocupando o segundo posto na lista e só superada por Murcia.
Entre os compradores de libros, Galicia rexistrou o pasado ano unha media de 10,5 exemplares adquiridos por persoa, cifra superada unicamente por por os murcianos, con 12,1 libros por persoa. En Canarias, con todo, rexistrouse a cifra máis baixa de compra de libros, con 6,7 volumes por habitante, dous puntos por baixo da media española.
Fonte: La Voz de Galicia.
Comentarios
Envía o teu comentario