Eixe estratéxico: a internacionalización do sector
O Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego definiu na súa constitución entre as súas liñas estratéxicas de actuación o desenvolvemento da internacionalización nas súas empresas, considerando como factor clave para a mellora da competitividade e a supervivencia das empresas. O interese e apoio do Cluster á internacionalización é tal que o Cluster definiou o ano 2010 como o ano da internacionalización.
Organización de mesas de traballo para o desenvolvemento da internacionalización
Periodicamente o Cluster organiza mesas de traballo ao redor da internacionalización entre as súas empresas interesadas.
Estudos de detección de oportunidades de negocio
Fruto do interese polo desenvolvemento da internacionalización realizáronse estudos de detección de oportunidades de negocio no mercado exterior. Resultado do Estudo de Oportunidades de Negocios realizado polo Cluster, detectouse a oportunidade de internacionalización no mercado francés.
Misións comerciais
O Cluster colaborou na organización de misións comerciais a Francia e outros países así como a realización de misións comerciais inversas, como a realizada ao mercado francés. A xestión destas misións comerciais contou co apoio da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Oficina Internacional de Negocios en Paris
Neste sentido, o Cluster puxo en marcha a finais de 2009 unha Oficina Internacional en Paris. A oficina que conta cunha delegada comercial sirve de apoio a todas aquelas empresas interesadas en apostar pola súa internacionalización en Francia a través do emprego das instalacións ou o apoio directo da delegada comercial.
A Axencia de Densenvolvemento de Val de Marne
A Axencia de Densenvolvemento de Val de Marne actúa como entidade colaboradora para a posta en marcha de negocios das empresas galegas no mercado francés.
Toda a información sobre internacionalización no teu correo electrónico
O Cluster ofrece a todas aquelas empresas interesadas na internacionalización un servizo de información mensual sobre novos mercados, axudas, licitacións, eventos, misións comerciais, documentación ou ferramentas de apoio a internacionalización, a través do seu boletín electrónico. O boletín realízase en colaboración co Cluster Producto Gráfico y Comunicación - Madrid Network.
Apoio directo na estratexia de internacionalización da túa empresa
Todas estas actividades e servizos son os que está a desenvolver o Cluster na súa aposta pola internacionalización, así mesmo todas aquelas empresas interesadas en desenvolver a súa estratexia ou en outros aspectos poden contactar co Cluster para solicitar o seu apoio.
Contacto: