
O Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego prepara un amplo programa formativo para o mes de novembro. O programa Trends&Creativity que lanza o seu I edición, inaugurarase o próximo 4 de novembro e está dividido en 6 sesións formativas.
As mañás dos Trends e as tardes dos Creativity
Durante 4 xoves consecutivos do mes de novembro, o Cluster reunirá a expertos/as en creatividade e tendencias de ámbito nacional en Santiago de Compostela. As sesións están dirixidas a calquera empresa socia do Cluster así como outras empresas interesadas en participar.
O obxectivo deste amplo programa formativo é fomentar nas empresas o desenvolvemento da innovación e a creatividade como vía para a mellora da competitividade. Así mesmo, as xornadas pretenden dar unha visión das novas tendencias e produtos en internet que está a revolucionar o mercado de maneira que as pemes poidan incorporar novas ferramentas para o desenvolvemento do seu negocio.
O programa promovido polo Cluster, conta con apoio da Xunta de Galicia para a súa realización e a colaboración de Creatividade Galega. Durante a sesión de inauguración que terá lugar o próximo 4 de novembro, o Cluster e Creatividade Galega asinarán un convenio marco de colaboración para reforzar a importancia do produto gráfico galego a través do traballo das axencias galegas de publicidade e o fomento da creatividade.
É imprescindible a inscrición previa no correo: comunicacion@clustergrafico.com.
Descargar folla de inscrición aquí.
A continuación recóllese o programa provisional (suxeito a cambios).
Xoves 4 de novembro
Inauguración
Xoves 11 de novembro
De 10.30 a 13.30 Trends 1: Tendencias, redes sociais e novos formatos publicitarios en internet para as empresas
De 16.00 a 19.30 Creativity 1: Intelixencia creativa. Como fomentar a creatividade e ter equipos humanos creativos?
Xoves 18 de novembro
De 10.30 a 13.30 Trends 2: ¿Como incorporar as novas tecnoloxías e desenvolver unha estratexia on-line na empresa?
De 16.00 a 19.30 Creativity 2: Planificación creativa no negocio
Xoves 25 de novembro
De 10.30 a 13.30 Trends 3: A revolución social. Blogs, microblogging, geolocalización, facebook, Linkedin, realidade aumentada, mercadotecnia móbil, distribución de contidos...
De 16.00 a 19.30 Creativity 3: A creatividade no negocio
Máis información: comunicacion@clustergrafico.com
Comentarios
Envía o teu comentario